La sillería del coro de San Martín Pinario
Estudio histórico artístico sobre la talla de madera en la sillería del coro del monasterio barroco de San Martín Pinario de Santiago de Compostela, Galicia (España).
Estudio histórico artístico sobre la talla de madera en la sillería del coro del monasterio barroco de San Martín Pinario de Santiago de Compostela, Galicia (España).
Competirá no XIV Festival de curtametraxes de Cans (Porriño, Galicia, España) 2017 na Sección Oficial a concurso.
Colaboración de ilustracións de Outón no poemario «A relixión do mar» de Xosé Iglesias Lamela. Editorial Instituto de Estudos Miñoranos
Relato curto de ficción, conto en língoa galega sobre o músico Fuco Liñeiras Croián.
« O músico Francisco Liñeiras Croián, «Fuco de Tarrantanteiras III, O Fusas», avoengo de tamborileiros, estirpe de labradores, naceu e morreu soterrado baixo un loureiro comesto polo bicharío, coma toda a súa familia, no lugar de Bentroia, na parroquia de Larín en Arteixo. Infacia na aldea ao carón dos bois e dúas visitas á Cruña: unha a pé, pra mercal-o traxe da comunión, e outra en trole, escoltado, pra arranxar a documentación pra ir á guerra.
Relato curto de ficción en língoa galega sobre o músico Faustino Santalices.
« Contoume hai anos seu fillo no Café Moderno de Pontevedra, cando presentaba a primeira reedición da súa música, a estoria desta gaita. Moito choveu que fixera Don Faustino unha aposta cun probe vello do lugar de Rabuñeiras, parroquia de San Xiao de Esterqueira, no concello d´O Estrume en Ourense, no tempo en que recollía cántigas de cego: se Santalices era quen de tocar á caída unha peza que o vello cego asubiaba de cando era rapazote, iste agasallaríalle cunha gaita, que segundo ele taba feita coas pelicas cosidas de tres gatas negras que apareceran mortas a navalladas nun cruceiro da vila, daquela no Tempo da Fame. Dito e feito. Tocou Santalices e tocou ben. «Non teños pan no forno… mail-a ghaita é túa rapás. Fálalle ben que che ten entendemento. E escoita ben isto: non esquezas poñel-o fol ás noites en leite fresco e enxoitalo amodo polas mañáns, ou apodrecerá. Ti ghíate por min… Tedes un pauto» Contoulle que así llo pidira un dos michos antes de morrer, como derradeira vontade, disque era moito o que lle prestaba pra durmir aquele leitiño morno ao animal. Cousa seria o das vontades, cavilou. Realmente sonoulle o conto a larachas de ancián, que xa tiña mundo pra pensar así, pero a gaita sonaba que nen diola. […]
Arte urbano: Liqen, Alberto Gracia, Ana Santiso, Branda, Pelucas, Silvia Sánchez, Tayone, Antía Sánchez, NanVaz, Minia Regos, Bisgue, Outón.
Esta curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental, propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da arte pública a través do apropiacionismo creativo no entorno urbán.