Faustinos Santalices e o pauto coa gaita
« Contoume hai anos seu fillo no Café Moderno de Pontevedra, cando presentaba a primeira reedición da súa música, a estoria desta gaita. Moito choveu que fixera Don Faustino unha aposta cun probe vello do lugar de Rabuñeiras, parroquia de San Xiao de Esterqueira, no concello d´O Estrume en Ourense, no tempo en que recollía cántigas de cego: se Santalices era quen de tocar á caída unha peza que o vello cego asubiaba de cando era rapazote, iste agasallaríalle cunha gaita, que segundo ele taba feita coas pelicas cosidas de tres gatas negras que apareceran mortas a navalladas nun cruceiro da vila, daquela no Tempo da Fame. Dito e feito. Tocou Santalices e tocou ben. «Non teños pan no forno… mail-a ghaita é túa rapás. Fálalle ben que che ten entendemento. E escoita ben isto: non esquezas poñel-o fol ás noites en leite fresco e enxoitalo amodo polas mañáns, ou apodrecerá. Ti ghíate por min… Tedes un pauto» Contoulle que así llo pidira un dos michos antes de morrer, como derradeira vontade, disque era moito o que lle prestaba pra durmir aquele leitiño morno ao animal. Cousa seria o das vontades, cavilou. Realmente sonoulle o conto a larachas de ancián, que xa tiña mundo pra pensar así, pero a gaita sonaba que nen diola.
E fíxolle caso. Forrou o fol de veludo vermello e con ela grabou en Madrid e foi de xira polas Hespañas todas: éxito total. Era no fol da ‘Micha’ ( que ata lle puxera nome) un son especial, de gata en celo, histriónica e melosa, multiorgásmica, viciosa, algo lésbico… Pero pasou coa gaita o que tiña que pasar e unha noite esqueciuselle aquilo de a deitar no leite. Ao día seguinte, cando a viu dentro na funda, pareciulle que toda ela taba igoal, pero foi cando a quixo coller que lle esfarelou toda antre as mans, coma se esvaecen as ilusións dun neno a primeira vez que se mira nos ollos da morte.
Voltou co tempo a Esterqueira e foiche na busca do vello, pero non lembraba o nome. »

O músico Faustino Santalices Pérez, (Bande 1877 – Madrid 1960) coa gaita “Micha”.
«En 1922 ingresó como gaitero en el coro orensano de Ruada, Así mismo grabó, piezas con gaita en 1927. Se sabe que construyó 91 gaitas, 54 punteros y vendió más de 5.000 palletas, de 1928 a 1954.»
Otras literaturas
Fuco de Tarrantanteiras
Fragmentos Insípidos











