Relatos

Santalices e o pauto coa gaita

Foto de gaiteiro

Relato curto de ficción en língoa galega sobre o músico Faustino Santalices.
« Contoume hai anos seu fillo no Café Moderno de Pontevedra, cando presentaba a primeira reedición da súa música, a estoria desta gaita. Moito choveu que fixera Don Faustino unha aposta cun probe vello do lugar de Rabuñeiras, parroquia de San Xiao de Esterqueira, no concello d´O Estrume en Ourense, no tempo en que recollía cántigas de cego: se Santalices era quen de tocar á caída unha peza que o vello cego asubiaba de cando era rapazote, iste agasallaríalle cunha gaita, que segundo ele taba feita coas pelicas cosidas de tres gatas negras que apareceran mortas a navalladas nun cruceiro da vila, daquela no Tempo da Fame. Dito e feito. Tocou Santalices e tocou ben. «Non teños pan no forno… mail-a ghaita é túa rapás. Fálalle ben que che ten entendemento. E escoita ben isto: non esquezas poñel-o fol ás noites en leite fresco e enxoitalo amodo polas mañáns, ou apodrecerá. Ti ghíate por min… Tedes un pauto» Contoulle que así llo pidira un dos michos antes de morrer, como derradeira vontade, disque era moito o que lle prestaba pra durmir aquele leitiño morno ao animal. Cousa seria o das vontades, cavilou. Realmente sonoulle o conto a larachas de ancián, que xa tiña mundo pra pensar así, pero a gaita sonaba que nen diola. […]

Santalices e o pauto coa gaita Leer más »

Fuco de Tarrantanteiras

Relato curto de ficción, conto en língoa galega sobre o músico Fuco Liñeiras Croián.
« O músico Francisco Liñeiras Croián, «Fuco de Tarrantanteiras III, O Fusas», avoengo de tamborileiros, estirpe de labradores, naceu e morreu soterrado baixo un loureiro comesto polo bicharío, coma toda a súa familia, no lugar de Bentroia, na parroquia de Larín en Arteixo. Infacia na aldea ao carón dos bois e dúas visitas á Cruña: unha a pé, pra mercal-o traxe da comunión, e outra en trole, escoltado, pra arranxar a documentación pra ir á guerra.

Fuco de Tarrantanteiras Leer más »

Carrito de compra
Ir al contenido