Fuco de Tarrantanteiras

« O músico Francisco Liñeiras Croián, «Fuco de Tarrantanteiras III, O Fusas», avoengo de tamborileiros, estirpe de labradores, naceu e morreu soterrado baixo un loureiro comesto polo bicharío, coma toda a súa familia, no lugar de Bentroia, na parroquia de Larín en Arteixo. Infacia na aldea ao carón dos bois e dúas visitas á Cruña: unha a pé, pra mercal-o traxe da comunión, e outra en trole, escoltado, pra arranxar a documentación pra ir á guerra.

Despois de dous meses na fronte de Asturias tocando marchas praos nacionais, onde probou o café de pota por primeira vez (cando non achicoria requecida), voltou tanxendo o tamboril máis rápido ca ninguén na volta. Trocou o coiro, máis un ferrado de trigo seco limpo de palla, por unha caixa metálica e alá che marchou prao Brasil. Aló adeprendeu os ritmos dos negros da favela e ao seu regreso, des anos despois e unha maleta máis das que levara, renovou o conceuto da percusión tradicional galega cunha grande aportación de novos rudimentos. Xente rudimentaria ésta.

Seica foi antolóxica unha peza que interpretou na feira de Peisaco diante do gobernador civil e o bispo de Compostela, unha partitura da súa man onde mesturaba a muiñeira con bebop e proto-afrojazz. Ou algo semellante. Segundo lle sentín a un feirante greleiro foi o máis sorprendente que acolá tinha visto: “Saíalle fume dos paus!”. Chegoulle a morte de infarto poucos anos máis tarde, coa primeira televisión. Hoxe o seu legado está perdido, ren de ren na Galipedia. Foi caendo a casa e medraron as silveiras e o vellío. Disque quedou un fillo nas américas, de nome ‘o mulato’, mais iso xa é outro falar i eu destes runrún sempre desarredo. »

‘Fuco de Tarrantanteiras III, O Fusas’, percusionista de Bergantiños.

Otras Literaturas

Dibujo a lápiz de hojas secas

Trenes Diferentes

Different Trains Huérfanos de esperanza, renegados de lo cotidiano, buscadores de fortuna, profetas de nómadas: pasajeros recuerdan pasajeros recuerdos. Yo sólo veo direcciones. Sin sentidos, sin experiencias. Sirenas zumban en el rio de hierro donde la anguila metálica se desliza. El horizonte se empeña en equivocarnos. Líneas paralelas en lugares…

Foto de gaiteiro

Santalices e o pauto coa gaita

Relato curto de ficción en língoa galega sobre o músico Faustino Santalices. « Contoume hai anos seu fillo no Café Moderno de Pontevedra, cando presentaba a primeira reedición da súa música, a estoria desta gaita. Moito choveu que fixera Don Faustino unha aposta cun probe vello do lugar de Rabuñeiras,…
Autorretrato a tinta_Outon

Fragmentos Insípidos

Aforismos o poemas. «Algunos fragmentos insípidos, productos del tiempo muerto.» «El peso neto del valor que educa el olfato ambidiestro. Recojo la astilla de la pata del cojo y construyo una estaca carnicera que clavo en la punta del horizonte. Me la resbala al caer en la cuenta de lo que…
Logotipo Outon
SUBIR
Carrito de compra
Ir al contenido